Vídeo contra a FAES... todo un contraataque...

Descarga aquí este vídeo de minuto e medio, no que "busca" as verdades da FAES
Tras as eleccións de marzal de 2004, nas que o día 14 dese mes, saiu victorioso o PSOE, multitude de organizacións fascistas afirman ter a verdadeira razón da súa victoria: a manipulación do resultado electoral vén dado polos horribles atentados acontecidos o 11-M... Participaron os socialistas, ou coma eles denominan "la izquierda española" na colocación das bombas? Aproveitaron os socialistas o horrible atentado para lograr captar máis votos o 14 de marzo?...
Estas dúbidas (que non deberían nin tan sequera ser plantexadas), son algunhas das realizadas no bochornoso vídeo da FAES, no que afirma que algunha das primeiras preguntas dos terroristas arrestados foi: Quen gañou as eleccións? Paréceme vergonzoso que alguén poida dicir que un goberno gañou unhas eleccións aproveitándose dalgo de tal gravedade e tan serio coma o 11-M, o atentado máis amargo e con máis víctimas en territorio español...
Non sería que o chamado "voto útil" xurdiu efecto? Non será que máis da metade de España deuse conta que o goberno do PP mentía, inganaba e roubaba ós españois...? O fuel oil non foi esparcido polos socialistas (o cal non quere dicir que se estiveran eles no goberno, non puidese suceder de igual xeito a catástrofe), nin tampouco enviou ás tropas españolas á Guerra do Iraque...
En vez de pensar no 11-M, por que non se preocuparon do resto de graves erros que cometeron durante oito anos???
Este vídeo é toda unha delicatese para todo aquel que queira comparar un con outro...
0 comentarios